Portos de Galicia abre o prazo de solicitude de departamentos para usuarios dos portos, entre eles Muros e Fisterra

24 Novembro 2024

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia vén de abrir o prazo de solicitude de ocupación de departamentos para
usuarios nos portos de Laxe, Muros, Pontedeume, Sada e Fisterra. O anuncio e as condicións para a presentación das instancias recóllense no Diario Oficial de Galicia.
Tal como contempla o anuncio na publicación oficial, o prazo estará aberto a partir do vindeiro luns e prolongarase por 20 días hábiles, ata o 30 de decembro. A documentación que debe cumprimentarse e presentarse para optar á ocupación dun departamento nalgún dos portos citados atópase dispoñible na páxina web oficial de Portos de Galicia, www.portosdegalicia.gal.
Dita documentación, unha vez cumprimentada, terá que presentada exclusivamente por vía electrónica a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia e empregando o modelo de impreso IF500B, que se atopa a disposición na páxina web de Portos. Este procedemento permitirá ocupar departamentos que a día de hoxe se atopan dispoñibles ben tras executarse obras de mellora.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O importante é chegar”. Loís Celeiro

“O importante é chegar”. Loís Celeiro

Chegou á estación de Renfe coa metade da lingua fóra da boca, tan fóra que a punta daquela lingua calada mollaba e ensuciaba o nó da garabata, que lucía as cores do arco da vella. Antes de suar aquela fermosa prenda de vestir arroupaba a elegancia dun home feito e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.