Porto do Son e Rianxo acollen esta semana cadanseu obradoiro de banda deseñada do programa FalaRedes

05 Novembro 2024

Ao abeiro do programa cultural FalaRedes da Secretaría Xeral da Lingua, Porto do Son e Rianxo van acoller esta semana cadanseu obradoiro de banda deseñada, dúas actividades creativas nunha xira participativa que está a visitar dúas ducias de concellos da xeografía galega. O de Porto do Son levarase a cabo este xoves 7 de novembro a partir das 18.00 horas na Biblioteca Municipal e o de Rianxo será ao día seguinte, venres 8 de novembro, no Auditorio Municipal a partir das 19.00 horas.

Os obradoiros están dirixidos á nenez, á mocidade ou ao público adulto, e diríxense a achegar a todas as persoas que participen os elementos da linguaxe narrativa visual do cómic. Participarán as seguintes creadoras e creadores:

-Manel Cráneo, quen ademais coordina o proxecto, e que presentará para o público adulto a súa nova novela ilustrada Cinza.

-Inés Vázquez, a recoñecida ilustradora que baseará o obradoiro para público infantil e xuvenil na súa nova obra Aldara.

-Alberto Guitián, quen, como bo humorista gráfico e ilustrador, nos levará ao mundo da creación de personaxes.

-Irene Sanjuán, a ilustradora imparte obradoiros de personaxes dirixidos á infancia e mocidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.