Os Xardíns de Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal serán escenario dunha concentración polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller 2024. Será no propio día 25 de novembro, ás 18.00 horas, a carón da escultura en homenaxe ás vítimas da violencia de xénero. Alí procederase coa lectura dun manifesto e minuto de silencio.
Ao acto asistirán membros da corporación municipal baixo a presidencia do alcalde, José Carlos Vidal, e da concelleira da Igualdade, Estefanía Ramos.
A maiores, o Concello e as entidades da Pobra organizaron un completo programa de actividades para conmemorar a data e honrar ás vítimas da violencia machista que se desenvolve ao longo desta semana e a seguinte e que incluímos a continuación.
