Os efectivos do GES de Muros volven a casa logo de traballar en labores de recuperación e rescate en Valencia

13 Novembro 2024

Os efectivos do GES de Muros xa están na casa logo da súa estadía en Valencia, axudando en labores de recuperación, limpeza e rescate tralos estragos sufridos pola DINA. Durante unha semana, estiveron axudando en Catarroja e Paiporta cos Bombeiros da Coruña e a UME.

Concretamente, os traballos consistiron na inspección e retirada dos vehículos arrastrados pola riada, limpeza e busca de desaparecidos. Tamén realizaron tarefas de control da calidade do aire e achiques de garaxes e ocos de ascensores.

“Desde o Concello de Muros, seguimos pendentes das peticións que nos chegan a través das canles oficiais para ver onde se pode axudar aos municipios máis afectados”, comentou a alcaldesa muradá, María Lago.

A concelleira de Seguridade, Sandra Maneiro, agradece de novo “o traballo do GES e Protección Civil de Muros, ademais de agradecer tamén a Miguel e Rubén polo seu esforzo e por informarme a diario do traballo que realizaban”.

Chegaron a Muros moi cansados pero satisfeitos polo traballo, axudando aos veciños e veciñas de Valencia.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.