O tempos viquingos desembarcan na Pobra en formato de ficción literaria con “El tallista de runas”

22 Novembro 2024


A esencia viquinga desembarcou novamente na Pobra do Caramiñal coa presentación do libro El tallista de runas, de Eduardo Romero Rueda, Nesta obra de ficción convídase ao lector a aventurarse nas supersticións, as loitas relixiosas e a busca da iluminación en tempos convulsos. A historia está
protagonizada por Gunnar Swansson, alcumado Rune, un monxe beneditino noruegués que anteriormente foi viquingo devoto de Odín.
Nunha nova expedición a terras de Jakobsland verase embarcado nunha misión secreta que o obriga a enfrontar perigos e desafíos mentres busca
cumpri-lo seu destino.
Un relato que mestura unha trama nacida da mente do autor con acontecementos e personaxes reais da última década do século X. O público puido coñecer máis durante o acto que tivo lugar na tarde deste venres 22, no auditorio da biblioteca municipal Victoriano García Martí. Alí, Romero Rueda estivo acompañado pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e o xornalista e escritor, Manuel Gago.
Na súa intervención, a edil gabou o traballo do autor porque “se ben a trama é produto da creatividade, esta debe estar correctamente asentada
no período histórico elixido e responder de maneira fidedigna a determinados episodios do noso pasado.” Debe existir, polo tanto, coherencia entre os elementos suxeitos á inventiva e os que se rexen por parte da realidade que viviu a costa galega: as incursións viquingas. E, isto, “exixe un arduo proceso de documentación como se constata nestas páxinas”, indicou Lojo.
Referiuse, así mesmo, á transcendencia da forte presenza dos pobos escandinavos na cultura dos nosos días, orixinando lendas e romarías
que, por exemplo, rememoran a resistencia da poboación galega ás expedicións procedentes do norte de Europa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.