O proxecto “Retratos na memoria” culmina cunha exposición na Casa da Cultura da Pobra

11 Novembro 2024

A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler acolle a partir desta semana, en formato de exposición, un total de 27 obras (10 óleos e 17 instantáneas) do proxecto Retratos na memoria. Trátase dun proxecto artístico con enfoque social concibido polo Concello da Pobra do Caramiñal e o Centro de Día da localidade para retratar as persoas maiores desta comunidade.

Paola González, tralo obxectivo da cámara, e Andrés Bernal, no lenzo, son os dous artistas encargados de plasmar estas historias de vida. Xa no verán se ofreceu un pequeno adianto do proceso de elaboración, convertendo os Xardíns de Valle-Inclán nunha sala de exposición a ceo aberto por unhas horas.

A inauguración desta serie de retratos pictóricos e fotográficos terá lugar no venres 15, ás 12.00 horas, nun acto amenizado polas Rianxeiras da Covecha.

O acceso é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.