O programa Ribeira Composta repartirá 300 composteiros entre a veciñanza

12 Novembro 2024

A concelleira de Medio Rural de Ribeira, Tania Redondo, e a concelleira de Medio Ambiente, Antía Alberte, presentaron esta mañá unha iniciativa para mellorar a xestión dos residuos orgánicos nas parroquias a través dal vanse repartir 300 composteiros para á veciñanza do concello ribeirán que os solicite e queira participar do programa de compostaxe.

Esta acción está enmarcada no programa de Ribeira Composta que comezou hai uns meses coa inclusión do modelo de compostaxe de fracción marrón dirixido a emprazamentos urbanos no que o residuo remata nunha planta de compostaxe.

A edil Antía Alberte sinalou que “este é un primeiro paso pero o noso obxectivo é contar algún día con ter un servizo propio e que esa materia orgánica quede no
territorio para, por exemplo, recuperar o solo afectado despois de incendios” e engadiu: “En Ribeira temos a sorte de ter moita horta nas parroquias e animamos á veciñanza a empregar os residuos orgánicos nas súas leiras para compostalos”.

Por outra banda, a edil Tania Redondo, informou que a maneira de formalizar a petición do composteiro será de forma presencial ou nun formulario a través da
páxina web do concello, a petición vai dirixida ao segmento de poboación con vivenda unifamiliar que posúa unha parcela ou xardín, centros educativos e
centros de formación.

Os composteiros vanse repartir nos domicilios persoalmente e, ademais, farase unha charla informativa para que as persoas usuarias dos mesmos saiban como utilizalos. Dende o Concello infórmase que máis adiante contarase cun servizo que faga un seguimento dos composteiros para o seu bo uso.

O Concello de Ribeira procura, con esta acción, que a longo prazo se reduza o residuo total e que isto poida supoñer un menor custe do servizo de recollida de lixo para a veciñanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.