O Concello de Rianxo vai celebrar o vindeiro 5 de decembro (xoves) o prendido oficial das luces de Nadal. O epicentro da actividade será a praza Castelao, a partir das 18.30 horas. Segundo informou o Concello, haberá un gran espectáculo e animación infantil ao longo da tarde, chocolate con churros e moitas máis sorpresas. En concreto, a axenda inclúe ás 18.30 horas un espectáculo de maxia e ilusionismo con Santi Marcilla, e ás 20.00 horas o acendido oficial do alumeado de Nadal, acompañado dun espectáculo de luces e son. Ás 21.00 horas será a queda de As Lens, que ofrecerán unha actuación musical. Organiza o Concello en colaboración con Somos Rianxo, a patronal rianxeira (ARE) e a Asociación Virxe do Carmen de Leiro.




