O PP solicita recuperar os Bonos AmaRibeira como “iniciativa de éxito para o comercio local”

15 Novembro 2024

A voceira do PP de Ribeira, María Sampedro, acompañada dos edís Ramón Doval e Ana Barreiro, mantivo este martes un encontro
co sector local do comercio na sede da Asociación de Empresarios de Ribeira, no transcurso do cal anunciouse a proposta realizada para presentar ante o pleno e se recolleron as achegas dos socios presentes da entidade así coma do seu presidente, Francisco Martínez Gude, presente na xuntanza.

Dende o grupo da oposición tenderon a man ao comercio local propoñendo a recuperación de iniciativas que na súa opinión foron beneficiosas para o sector, como os bonos AmaRibeira, que se veñen levando a cabo no municipio dende o ano 2021. “Estes descontos axudan a dinamizar e a reactivar a economía local nos meses de menor facturación e, ademais”, indicou Sampedro, “contan con esa dobre vertente na que, por un lado, increméntanse as ventas nos comercios e na hostalería local e, por outro, o desconto co que contarán as familias á hora de poder realizar gastos necesarios”.

A voceira municipal criticou que “o BNG dende a oposición era o máximo defensor do diálogo, do consenso, das asembleas abertas e das campañas en beneficio do comercio local e dende o Goberno recórtalle ao comercio local, non dialoga co comercio local e, o que é peor, non escoita ao comercio local; pero a nós si nos atoparán onde sempre estivemos: ao lado de aqueles que apostan e traballan por Ribeira e o seu crecemento”, sinalou.

O PP salientou que a xuntanza mantívose “nun clima de absoluta colaboración entre as partes” e nela “os representantes municipais tomaron boa nota das contribucións, queixas e suxestións aportadas polos presentes”, enriquecendo así a proposición que se vai a debater no vindeiro pleno. “Cremos que este é o xeito de facer as cousas, propoñéndoas ante os interesados, consensuándoas e recollendo as verdadeiras necesidades de quen traballan e viven o día a día da actividade nun comercio. Para nós é enriquecedor coñecer de primeira man como pensan e que precisan os noso comerciantes. Seguiremos traballando nesta liña de colaboración con todos os sectores produtivos do municipio”, sinalaron.

Ademais, dende o partido Popular de Ribeira farase mención a temas que xeraron preocupación entre os asistentes, e que foron mencionados de xeito reiterado, como “a falta de limpeza nas rúas, o incremento de ratas e outras pragas no espazo público, e por conseguinte nos comercios”. Tamén se porá sobre a mesa, engadiron, “a necesidade de mellorar a seguridade cidadá con máis presenza policial a pé que poida controlar dun xeito máis efectivo calquera incidencia no desenvolvemento da actividade diaria”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.