O Laboratorio Ecosocial do Barbanza anuncia a 2ª convocatoria de voluntariado ambiental en Isorna

11 Novembro 2024

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza unha nova xornada de eliminación de acacias nos montes de Isorna, en Rianxo, en colaboración coa Fundación Montescola, entidade encargada das actividades de prospectiva comunitaria, voluntariado e educación ambiental do proxecto. Esta xornada de voluntariado ambiental será o vindeiro 23 de novembro, con punto de encontro no Souto de Isorna ás 10:00 da mañá.

Aquelas persoas interesadas deberán inscribirse previamente enviando un correo electrónica a info@montescola.org ata o xoves 21 de novembro inclusive. A actividade está aberta a todos os públicos, sen límite de idade, e ao finalizar ofrecerase un xantar de albaroque para todas as persoas asistentes.

Ata o momento, máis de 400 persoas participaron xa nas xornadas de voluntariado organizadas polo Laboratorio. Esta será a 14a actuación de voluntariado do proxecto no que vai de ano e a segunda intervención na parroquia de Isorna, onde xa se celebrou unha xornada semellante o pasado 10 de agosto.

Con estas iniciativas “búscase sensibilizar á cidadanía sobre a importancia
da recuperación da biodiversidade e da prevención de incendios forestais a través do traballo colaborativo”.

Durante esta xornada, eliminaranse os últimos focos de acacia negra (Acacia melanoxylon), unha especie invasora incluída no Catálogo de Especies Invasoras en España. Dende o Laboratorio explican que “as tarefas de erradicación destes rebrotes son esenciais, dado o rápido crecemento desta planta, para previr a súa expansión e evitar que os exemplares alcancen grandes dimensións, comprometendo o equilibrio do ecosistema local”.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.