O Concello de Ribeira rexenerará o paseo da praia dos Mosqueiros e Fonte Seca en Castiñeiras

19 Novembro 2024

O Concello de Ribeira vai dar novos pasos no seu compromiso por mellorar a calidade de vida da súa veciñanza e poñer en valor infraestruturas e espazos naturais coa próxima rexeneración do paseo da praia dos Mosqueiros e Fonte Seca, situado na parroquia de Castiñeiras. Este proxecto, recentemente adxudicado á empresa Vilariño ESP, S.L.U. cun orzamento de 240.000 euros, conta cun prazo de execución de tres meses e forma parte do PRTR financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation.

O obxectivo principal desta actuación é “revitalizar a fronte litoral e a paisaxe urbana desta emblemática zona, á vez que se melloran as condicións de accesibilidade e seguridade viaria”, informaron fontes do Concello, engadindo que “este proxecto responde tamén á vontade do Goberno local de potenciar os espazos públicos e áreas de ocio das parroquias como puntos clave de socialización”.

Entre as actuacións previstas inclúese a renovación integral dos pavimentos, co emprego de materiais como granito e a instalación de novos sistemas de iluminación pública. A nova iluminación disporá de elementos actualizados que garantirán unha mellor eficiencia enerxética, así como a instalación de liñas de alimentación a través de condutores de cobre.

Por outra banda, o Concello quere potenciar a beleza natural do paseo coa creación dunha zona axardinada máis ampla, dotada de céspede natural sobre unha capa de terra vexetal, “mantendo as árbores existentes e tratando de plantar máis para respectar o equilibrio ambiental da área”.

Ademais de mellorar a funcionalidade e a accesibilidade, esta intervención subliña a importancia de reforzar os espazos verdes e de ocio no municipio, converténdoos en lugares de encontro e desfrute para todas as idades.

O Concello apunta que “a ampliación das zonas axardinadas e a reordenación do espazo contribuirán a que a zona se integre mellor coa paisaxe circundante e ofreza un ambiente máis acolledor para residentes e visitantes”.

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, destacou que “actuar nas parroquias e mellorar a accesibilidade son prioridades fundamentais para este Goberno. Esta rexeneración é un exemplo do noso compromiso por ofrecer á cidadanía espazos públicos de calidade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.