O Concello de Ribeira e a rapazada dos colexios plantarán en Santa Uxía unha oliveira en homenaxe ás vítimas da violencia machista

21 Novembro 2024

Ribeira presentou este 21 de novembro os detalles do seu programa de actividades para celebrar o 25N, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Na convocatoria compareceron a concelleira de Igualdade e Diversidade, Cruz Rivadulla, a asesora legal do CIM (Centro de Información á Muller), Dolores Crujeiras e Nereida Rivero, da Asociación A Creba.

A concelleira de Igualdade resaltou que “dende o CIM organizáronse varias actividades que coidamos que abranguen un amplo marxe de idades”. O propio día 25 novembro celebrarase un acto institucional como tódolos anos onde será lido un manifesto da FEGAMP en colaboración cos colexios no que a continuación, os rapaces e rapazas colgarán nunha oliveira natural na praza de España os nomes das mulleres, nenos e nenas asasinadas dende o 25 de novembro de 2023 ata agora que son un total de 54. Dita Oliveira posteriormente plantarase nun espazo público da cidade onde proseguirán as honras en memoria das vítimas.

“Este día é para concienciar á poboación e para lembrar a estas vítimas da violencia de xénero, no só é o 25 de novembro para loitar contra ela senón durante tódolos días do ano”, rematou Cruz Rivadulla.

Deseguido Dolores Crujeiras pasou a debullar o denso e variado número de actividades, colaboracións e adhesións a campañas do 25N. Crujeiras comunicou que se está incidindo na liña da formación e de sensibilización para dirixirnos á xente máis nova que “consideramos que temos que traballar máis para crear persoas de futuro, máis concienciadas ca igualdade e respectuosas cos dereitos fundamentais”. O programa inclúe un contacontos en liña, Imos ao recreo dirixido á etapa de primaria a partires de tres anos onde se fará unha reflexión dos espazos que tradicionalmente foron diferenciados no recreo para nenas e para nenos. Tamén haberá outro contacontos pero de forma presencial dirixido a primeiro da ESO, Expectativas vs Realidade, que trasladará a sensibilización ao ámbito das redes sociais “que é onde se están a canalizar as novas formas de violencia de xénero, sendo o obxectivo concienciar a adolescentes sobre o que é real e o que non é porque nas redes plásmase unha realidade ficticia interpretada ou asimilada como real e certa”, sinalou Crujeiras.

Ademais e como cada ano, Ribeira vaise adherir ás diferentes campañas institucionais, e para comezar coa do propio Concello, que vai a ser sinxela e moi ilustrativa: Ribeira prohibe as violencias machistas, a través da cal pídese a colaboración de todos os establecementos de Ribeira, tanto comercio como hostalería onde se facilitarán uns vinilos cuns sinais de prohibición onde se amosa o compromiso de Ribeira coas violencias machistas. Repartiranse este fin de semana para poñer nos escaparates.

Tamén o Concello adhírese á campaña da Xunta Camiño ao respecto (andaina), á campaña da Deputación (De Fronte á violencia de xénero) e á campaña da FEGAMP, Que a vergoña cambie de bando.

A maiores, o día 14 de decembro organizarase un curso de defensa feminista de balde que xa se leva facendo hai uns anos, coincide un sábado e será de 9:30 a 13:00 h e de 16:00 a 20:00 h no Complexo Deportivo da Fieiteira (mulleres maiores de idade).

Para rematar Nereida Rivero da Asociación A Creba presentou a mesa redonda que levará por título Diagnóstico psiquiátrico e violencia de xénero á que se poderá asistir o día 27 de novembro ás 19:00 h no Centro Cultural Lustres Rivas.

Outros artigos

Xoves 1, xornada de tempo inestable

As Rías Baixas agardan unha xornada de tempo inestable con risco de treboadas no interior A comarca e as rías baixa veranse afectadas pola presenza dun embolsamento de aire frío en altura situado ó oeste de Portugal, que provocará unha certa inestabilidade atmosférica...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“No empiecen a leer si creen que estas líneas son las del comienzo de una historia. Este no es el comienzo de tal cosa. Tampoco lo es de unas memorias. Ni siquiera es una evocación. Estas líneas tratan tan solo de una brisa que pasa. Las brisas pasan. Se suceden unas...