O Concello de Ribeira avanza no proxecto do polígono industrial de Pedras Vermellas e explora novas vías de financiamento

07 Novembro 2024

O Concello de Ribeira celebrou hoxe unha reunión informativa coa Asociación de Empresarios da localidade para actualizar sobre os avances no proxecto do polígono industrial de Pedras Vermellas. Durante o encontro, o equipo de goberno detallou as accións realizadas até o momento e reafirmou o seu compromiso co desenvolvemento desta infraestrutura, clave para a dinamización económica do municipio.

O alcalde de Ribeira acompañado do segundo tenente de alcalde, o concelleiro de Facenda, a concelleira de Promoción Económica e persoal técnico municipal, destacou que nos últimos meses se avanzou na inscrición das parcelas no Rexistro da Propiedade. “Actualmente, todas as parcelas do polígono están xa inscritas e tamén contamos coa valoración das dúas parcelas situadas no municipio da Pobra do Caramiñal, que debemos adquirir para completar o 100% dos terreos necesarios para licitar a obra de urbanización”, explicou o alcalde.

Reunión do director xeral de Estratexia Industrial
Dende o Concello informan que na mañá de hoxe tamén se celebrou unha reunión entre o alcalde e segundo tenente de alcalde, co director Xeral de Estratexia Industrial e da Pyme do Ministerio de Industria, Jordi García, para explorar posibles vías de financiamento para as empresas que aposten por asentarse no polígono industrial de Pedras Vermellas. Neste encontro expuxéronse distintas opcións e liñas de subvencións ás que poderían optar as empresas. Dende o Concello informaron da importancia dese proxecto para o tecido empresarial local e comarcal.
Tanto Pérez Barral como Suárez-Puerta valoraron a reunión como “frutífera” ao indicaren, por parte da Dirección Xeral de Estratexia Industrial, as liñas de axudas por diferentes entes que permitirá ás empresas que se instalen no futuro polígono, ter opcións de financiamento tanto na instalación coma no desenvolvemento da propia empresa.
En canto ás distintas liñas de financiamento o Concello de Ribeira seguirá contactando con diversos ministerios para seguir impulsando esta infraestrutura. Neste sentido, contactarase con ministerios como pode Transición Ecolóxica ou Transformación Dixital para traballar coa Comunidade Enerxética de Ribeira, creada recentemente, que permita reducir a contía do pagamento eléctrico ás empresas adheridas ou impulsar a dixitalización e a conectividade.

O equipo de goberno reafirma o seu compromiso de traballar de maneira conxunta coas institucións, o sector empresarial e outros actores para conseguir que Ribeira teña espazo onde asentar empresas e xerar emprego e crecemento económico.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...