O Concello de Ribeira adxudica o pavimentado e mellora da accesibilidade na praia da Ribeira e en Luís Seoane (Aguiño)

29 Novembro 2024


O Concello de Ribeira, no compromiso da mellora e mantemento das infraestruturas públicas nas parroquias, adxudicou dúas novas actuacións nas rúas Praia da Ribeira e Luís Seoane en Aguiño. “O obxecto é garantir a accesibilidade destas vías”, segundo comentou o rexedor Luís Pérez, engadindo que estes traballos inclúen a renovación dos pavimentos e a aplicación dunha nova capa de aglomerado na calzada. Ademais, “aproveitarase para plantar algunhas árbores”, explicou o rexedor, engadindo que “alén destas obras, na parroquia de Aguiño xa temos actuado mellorando o firme do porto e tamén farase na rúa Francisco Lorenzo Mariño”. Apuntou que en canto a servizos básicos en breve licitarase a renovación do abastecemento de auga na rúa da Cerca e xa se fixo unha mellora da liña de abastecemento xeral valorada en 133.000€ que permitirá ter maior presión e evitar cortes no subministro.

Por último o rexedor tamén informou de que se avanza na materialización da sede do Club de Remo, unha actuación valorada en cerca de 1,2 millóns de euros.

Para a rúa Luís Seoane o prazo de duración é de cinco meses e para a rúa Praia da Ribeira de 4 meses. O orzamento total de licitación de Luís Seoane
ascende a 103.000 euros e para Praia da Ribeira un total de 86.000 euros e a empresa encargada de realizar as actuacións será Tamara Fernández Pérez no marco do POS+ 2022.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.