O Concello de Boiro recibe un kit de ferramentas eléctricas para atención ás emerxencias

12 Novembro 2024

O Concello de Boiro recibiu da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia unha subvención para equipamentos de emerxencias para o servizo de Protección Civil e Emerxencias. O material concedido é un kit de ferramentas eléctricas para a atención ás emerxencias.

O obxectivo da incorporación deste material é “facilitar as tarefas do servizo de Protección Civil e emerxencias tales como a atención en accidentes ou emerxencias de calquera tipo, así como a colaboración e apoio en materia de seguridade en probas deportivas e outros eventos”, sinalou o Concello.

O servizo de Protección Civil e Emerxencias de Boiro conta na actualidade cunha vintena de voluntarios que atenden todo tipo de emerxencias producidas no termo municipal, así como colaboración en dispositivos de outros concellos para eventos e actividades deportivas ou culturais e incidencias solicitadas polo CIAE 112 ou as forzas e corpos de seguridade tales como incendios, accidentes de tráfico, procura de desaparecidos…

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

Nos últimos tempos, a dereita política española está a preocuparse máis en lanzar trolas e mentiras para tratar de despistar sobre os múltiples casos de corrupción que tiveron, con sentenza firme, e que aínda ten xudicializados. Desde que o sr. Feijóo chegou á capital...

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...