O Concello de Boiro sacou a licitación o proxecto de execución das obras de renovación do pavimento e mellora da seguridade viaria na subida á contorna de Espiñeira por un importe de 147.100,33 euros. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratación do Sector Público ata o 26 de novembro.
As actuacións que se pretenden levar a cabo contemplan a renovación do pavimento asfáltico en quente da totalidade da rúa, no tramo que vai dende a rotonda de Cimadevila ata o acceso ao Polígono Industrial. O Concello explicou que se trata da primeira vía de enlace entre o núcleo urbano e o complexo empresarial, así como o principal acceso ao instituto de Espiñeira.
Vaise realizar a reposición do pavimento asfáltico en quente cun espesor de 5cm, instalación de garda raís nas beiras sen protección da subida, con proteccións específicas para motos e pintura viaria para completar a seguridade viaria do tramo.
As actuacións contan co financiamento da Deputación da Coruña mediante o Plan de Obras e Servizos (POS+).




