O Concello de Boiro colabora cun partido benéfico para recadar fondos a prol de Cáritas

27 Novembro 2024

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, participou na mañá deste 27 de novembro na presentación do partido benéfico que terá lugar o vindeiro 15 de decembro ás 17.00 horas nas instalacións municipais de Vista Alegre en beneficio de Cáritas. Na presentación estiveron tamén o párroco de Boiro, Juan Bermúdez; e o subtenente da Guardia Civil, José Antonio Fernández.

A actividade vai consistir nun partido de fútbol solidario de Clero e Garda Civil: “Unha iniciativa que xa se desenvolveu noutros municipios e que resultou moi proveitosa e que queremos retomar aquí en Boiro nestas datas previas ao Nadal para axudar a aquelas persoas máis vulnerábeis”, afirmou Juan Bermúdez.

“Dende a Garda Civil de Boiro estamos moi contentos de poder participar neste encontro xunto con persoal doutras unidades e poder facer a máxima recadación para unha boa causa”, recoñeceu José Antonio Fernández.

As entradas terán un prezo de 3 euros anticipada e 5 euros na billeteira e todos os beneficio irán destinados a Cáritas. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, animou a toda a veciñanza a colaborar con esta iniciativa “que ten unha finalidade solidaria, que é contribuír á importante labor que Cáritas, en colaboración cos Servizos Sociais e con outras entidades do municipio, realiza para axudar ás familias máis vulnerables nunha época tan significativa como é o Nadal”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...