O Centro Social de Boiro acolle este domingo a proxección do filme galego “Salta!”

05 Novembro 2024

O domingo 10 de novembro o Centro Social de Boiro vai acoller unha nova proxección cinematográfica do Ciclo de Cinema Mestre Mateo, unha xira organizada pola Deputación da Coruña para levar aos concellos galegos as películas distinguidas nos Premios Mestre Mateo. Este domingo ás 19.30 horas será a quenda de Salta!, de Olga Osorio.

Salta! é o debut no formato longametraxe de Olga Osorio, cun guión escrito pola propia Osorio e Araceli Gonda, distribuída por A Contracorriente Films.

O filme está protagonizado por Tamar Novas, Marta Nieto e o novo talento Mario Santos. Completan o reparto Rubén Fulgencio, Irene Jiménez, Saúl Esgueva e dous veteranos como a gañadora do Goya Mabel Rivera e Manuel Manquiña.

En palabras de Osorio, “trata sobre a relación de dous irmáns, probablemente unha das máis especiais que existen, e tamén sobre o difícil que pode chegar a ser entender e comunicarnos coas persoas que máis queremos”.

A rodaxe da película desenvolveuse durante setembro e outubro de 2022, integramente en Galicia, na contorna da cidade da Coruña.

Salta! é unha produción de Vaca Films e Quien a hierro mata AIE, conta coa participación de Prime Video, RTVE e Televisión de Galicia, coa financiación do ICAA, coa subvención de AGADIC / Xunta de Galicia, e co apoio de Programa Media. As vendas internacionais corren a cargo de Playtime.

Sinopse

Óscar e Teo (13 e 10 anos) son dous irmáns, moi distintos entre si, que viven nun modesto piso de barrio. Teo é futboleiro e un pouco fedello, Óscar un sabichón que prefire pasar as tardes de verán estudando a Teoría da Relatividade. Cada un loita á súa maneira coa desaparición da súa nai, unha prometedora científica obsesionada cos buratos de verme.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

Nos últimos tempos, a dereita política española está a preocuparse máis en lanzar trolas e mentiras para tratar de despistar sobre os múltiples casos de corrupción que tiveron, con sentenza firme, e que aínda ten xudicializados. Desde que o sr. Feijóo chegou á capital...

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...