O Centro de Día de Porto do Son ofrece o 25 de novembro unha charla para mellorar a calidade de vida das persoas coidadoras

06 Novembro 2024

No marco das celebracións do Día Internacional das Persoas Coidadoras (este 5 de novembro), o Concello de Porto e a confederación COGAMI (presidida polo sonense Anxo Queiruga) organizan unha actividade de divulgación e información que reivindica ás persoas que velan polo benestar doutras persoas e que achega consellos xerais para incrementar a súa calidade de vida.

“Hoxe máis ca nunca queremos poñer en valor a importancia do papel que desempeñan tanto os profesionais como as familias no coidado das persoas dependentes”, sinalan acerca da actividade prevista para o 25 de novembro: a charla Coidando ao/á coidadora/a, que se vai levar a cabo no Centro de Día de Porto do Son, a partir das 16.00 horas. As inscricións estarán abertas até o 20 de novembro no teléfono 981 198 680. A sesión será impartida pola enfermeira do Centro de Saúde de Porto do Son.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

Nos últimos tempos, a dereita política española está a preocuparse máis en lanzar trolas e mentiras para tratar de despistar sobre os múltiples casos de corrupción que tiveron, con sentenza firme, e que aínda ten xudicializados. Desde que o sr. Feijóo chegou á capital...

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...