O BNG comprométese a seguir loitando pola cobertura integral das prazas médicas en Aguiño e Ribeira

15 Novembro 2024

O Bloque Nacionalista Galego reafirma o seu compromiso coa veciñanza de Aguiño e Ribeira na súa reivindicación para conseguir a cobertura completa das prazas de persoal sanitario nos seus centros de saúde. Dende o BNG criticaron novamente ao PP por ter votado “en contra da iniciativa presentada no Parlamento Galego na que se demandaba a cobertura de todas as prazas vacantes” e aseguran que continuarán apoiando as demandas cidadás e levando as súas  reclamacións ao Parlamento para frear o deterioro crónico da sanidade pública. “Non imos parar ata que a veciñanza teña o que lle corresponde: médicos e persoal sanitario suficientes para unha atención digna, sen esperas inxustificables nin consultas improvisadas por falta de profesionais”, afirmou o alcalde Luís Pérez, ao tempo que denunciou que nos centros de saúde de Ribeira e Aguiño faltan nestes momentos catro médicos e outro no Punto de Atención Continuada, situación que obriga ás persoas usuarias a agardar ata tres semanas por unha cita e a recorrer a outros servizos, como o PAC ou as urxencias do Hospital Comarcal da Barbanza, xa sobrecargados.

Dixo tamén que a situación de Aguiño, “onde chegou a non haber ningún médico dispoñíbel”, resulta “especialmente grave”, ao que engadiu que a solución adoptada pola Consellería de Sanidade foi sacar un médico de Ribeira, “algo que só agrava o problema ao trasladar a carencia dunha localidade a outra”.

Os nacionalistas piden á Xunta que tome medidas urxentes para cubrir as vacantes de medicina de familia e pediatría, así como para asegurar unha planificación eficaz que evite este tipo de colapsos no futuro: “Non imos permitir que o Goberno do PP continúe desmantelando a sanidade pública. A veciñanza de Aguiño e Ribeira contará sempre co apoio do BNG na súa loita pola dignidade e os seus dereitos”, concluíu Pérez Barral.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.