O BNG apoia á veciñanza e esixe médicos para Aguiño

01 Novembro 2024

O BNG mostrou o seu apoio ás demandas da veciñanza de Aguiño que se concentrou novamente para esixir que a Consellaría de Sanidade dote de persoal médico e recursos suficientes Centro de Saúde da parroquia. Os nacionalistas sinalaron que “o deterioro que sofre a Atención Primaria tanto en Aguiño como no Centro de Saúde de Ribeira está provocando desprazamentos innecesarios, listaxes de agarda para acudir a unha cita médica e unha atención de peor calidade”.

Os nacionalistas cren que “Aguiño podería vivir unha situación moi parecida ás vividas xa en Corrubedo ou Palmeira que padeceron a falta de médico durante meses até que a loita veciñal conseguiu forzar ao Goberno galego a cubrir as prazas con profesionais a tempo completo”.

O alcalde, Luís Pérez Barral, presente na concentración, declarou que “estará a carón da veciñanza e traballará para que a veciñanza de Aguiño poida ter garantida a atención médica”, e engadiu que “a falta de médicos supón un prexuízo importante á poboación pois só se cobren unhas poucas horas á semana e hai persoas que están a desprazarse ao Centro de Saúde de Ribeira co conseguinte gasto económico”. Este feito, dixo, “supón ademais unha sobrecarga de traballo que soborda a capacidade dos xa escasos profesionais que hai no centro ribeirense porque a día de hoxe faltan 4 médicos dos 14 que debería haber”.

Os nacionalistas engadiron que “o Goberno galego está a deteriorar a atención sanitaria que se presta nos centros de saúde rurais”. O responsábel local do BNG, Rafael Pazos, quixo trasladar a mensaxe de que “traballaremos a carón dos profesionais e da veciñanza para garantir o dereito a un sistema sanitario de calidade”.

Ante toda esta situación, o BNG rexistrou iniciativas no Parlamento solicitando cubrir o 100% das vacantes de persoal sanitario que existen tanto en Aguiño como en Ribeira evitando así a existencia de listas de espera para acudir ao médico de cabeceira.

—

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.