O Arcebispo presenta a campaña de Cáritas a favor dos damnificados de Levante

18 Novembro 2024


Cáritas

O arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, acompañade de Juan Manuel Vieites , presidente da Confederación de Empresarios de Galicia e Pilar Farjas Abadía, directora de Cáritas Diocesana de Santiago, presentou ante os medios informativos, durante un acto celebrado no Arcebispado, os primeiros resultados da Campaña Solidaria de Cáritas a favor dos damnificados do Levante. Para o arcebispo se produciu un desbordamento de solidariedade que se debe continuar no tempo e nos próximos meses “cando o tema deixe de ser noticia hai que seguir traballando e axudando con todas as nosas forzas a estas persoas”. Insistiu en que é algo que afecta a todo o mundo e que as administracións teñen que ir da man para coordinar da mellor forma posible os traballos de reconstrución de todos aqueles pobos.
Agradeceu a Cáritas Española o traballo de coordinación que está a levar a cabo no relativo ás achegas que se reciben e tamén a Cáritas
Diocesana de Santiago que as canaliza a nivel diocesana.
Os empresarios
Juan Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia falou do compromiso social sumándose á campaña e que “esta acción
subliña o papel activo que poden desempeñar as empresas en situacións de crise humanitaria, apoiando con recursos e difusión para canalizar a
solidariedade cara ás persoas máis afectadas”.
Sinalou que os galegos e os empresarios van ser moi solidarios con este gravísimo problema e traballar unidos a favor dos damnificados da DANA

As poboacións máis débiles Pilar Farja Abadía, directora de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, mencionou que se garantía aos doantes e aos beneficiarios a forma de chegar as doazóns económicas. Fixo fincapé en que estas catástrofes sempre afectan as poboacións máis débiles e máis pequenas. “É aí onde Cáritas está a traballar na acollida e a axuda a todas estas persoas ás que é necesario acompañar”, subliñou.
Sinalou que ata o momento superan os 230.000 euros as doazóns económicas recibidas a través da rede parroquial, interparroquial e diocesana.
Tamén dixo que a nivel parroquial estaba a traballarse desde o primeiro momento “dando unha ampla capacidade de resposta”
En tal sentido monseñor Prieto Fernández deu conta de que as doazóns recibidas través de Cáritas Diocesana e o Arcebispado procedían de particulares, empresas, entidades relixiosas e as colectas. Sobre este último particular mencionou que a última colecta do mes de novembro vai destinar integramente en toda España aos damnificados do Levante.

Facer doazóns

As doazóns dos asociados da CEG poden facerse a través das contas que Cáritas ten abertas para este fin, indicando no concepto
“C.E.G. DANA” e o NIF da empresa, para poder certificar a doazón e acceder á correspondente desgravación fiscal.
– Abanca ES18 2080 0319 6030 4000 8096
– Banco Sabadell ES21 0081 2130 4300 0103 7210 
– Banco Santander ES44 0049 2584 92101001 7670

Outros artigos

17 de maio: “Os libros das nosa Letras”

«MORGANA EN ESMELLE» Begoña Caamaño. Editorial Galaxia. 19, 50 Ive incluído Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda. Son os remorsos e as culpas sentimentos que nos acompañan toda a...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

Hay gestos que no caben en ningún titular y que, sin embargo, sostienen el mundo mejor que cualquiernorma. Son gestos de manos. De aguja. De hilo enhebrado con paciencia en muchas tardes, mientras afuerael pueblo continúa con su rutina, persianas a medio abrir y...

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aosasistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.