Debido á mala previsión meteorolóxica que se agarda para esta fin de semana obrigou a aprazar para unha nova data (aínda por confirmar) a IX Andaina Solidaria CONGALSA, programada para este domingo 24 de novembro, que, segundo confirmou Meteogalicia, vén cunha porcentaxe do 90% de probabilidade de chuvia. “Como é unha cita anual e solidaria imprescindíbel en canto teñamos nova data de celebración comunicarase, esperando que todas as persoas participantes gocen do evento solidario”, explicaron dende a empresa da Pobra, engadindo que “de todos os xeitos o prazo de inscrición seguirá aberto e todas aquelas persoas interesadas en tomar parte nesta iniciativa poden inscribirse a través das webs de CONGALSA e de Deporticket. Para aquelas que queiran participar e non poidan asistir ao evento está a opción de facelo a través do Dorsal 0.
Prosegue con Peter Punk (en San Pedro) o III Ciclo Cultural Itinerante do Porto do Son
O III Ciclo Cultural Infantil Itinerante impulsado polo Concello do Porto do Son (Concellaría de Cultura) prosegue esta fin de semana cunha nova actuación. Será este domingo 18 de outubro da man do pallaso Peter Punk na Casa da Cultura de San Pedro, a partir das 18.00...



