Nova campaña de recollida de produtos de 1ª necesidade en Boiro da man da Clínica Rebeca Ozores, a ABE, Cáritas e Cruz Vermella

26 Novembro 2024

Na mañá deste 26 de novembro celebrouse na se sede da patronal boirense, a ABE, a presentación da campaña de recollida solidaria de alimentos Doa Un Sorriso, unha iniciativa organizada pola Clínica Dental Rebeca Ozores que como indicou a xerente da firma “pretende unir a veciñanza de Boiro arredor dunha causa social e solidaria como a achega de produtos para aqueles sectores da poboación en risco de exclusión, con dificultades económicas e máis vulnerábeis; un xesto de solidariedade da sociedade boirense e do Barbanza”

Para incentivar a participación, sortearase unha noite para dúas persoas nas Cabanas Os Balcóns Ría de Arousa, dous bonos da Clínica Dental Rebeca Ozores e dous bonos ABE de 50€ entre todas as persoas que que fagan súa achega.

Este sorteo final realizarase o 30 de decembro nas instalacións da ABE, entre todas as papeletas participantes de todos os comercios.

Na presentación explicaron que a campaña durará dende o 27 de novembro ata o 24 de decembro de 2024, e poderán participar tamén aqueles comercios que non sexan exclusivamente socios da ABE. O presidente da ABE, Daniel García, explicou en que consiste a apoio da asociación de empresarios: “A ABE cede 2 bonos de 50€ para sortear entre as persoas que colaboren. Este sorteo final realizarase nas instalacións da ABE, entre todas as papeletas participantes de todos os comercios”.

Como participar

Cada negocio, asociado á ABE ou non, que estea interesado en participar, deberá:

-Inscribirse a través do enlace que enviará a ABE a todos os seus socios/as vía correo electrónico. No caso de non ser socios/as, serán informados presencialmente da campaña por se é do seu interese, e daráselle acceso ao enlace de inscrición. Se alguén estivese interesado en participar, tamén pode enviar un correo electrónico a info@clinicadentalrebecaozores.es.

-Colocar o material que lle será entregado no seu establecemento, nas datas indicadas no momento da recepción: caixa para a recollida de produtos, cartel e adhesivo indicativo do programa, urna e tíckets para os sorteos.

-Tamén deberá entregar a papeleta do sorteo a cada cliente que participe, unha vez efectuada a colaboración. Todas aquelas persoas que fagan a súa achega teñen dereito a cubrir unha participación co seu nome e teléfono. Esta papeleta será depositada na urna instalada en cada comercio. Finalmente entre todas as participacións de todos os establecementos sortearanse: dous bonos de 100€ de Clínica Dental Rebeca Ozores, 2 bonos de 50€ doados pola ABE e unha noite para dúas persoas nas Cabanas Os Balcóns Ría de Arousa.

-Os produtos de alta demanda na actualidade solicitados no caso de Cáritas e Cruz Vermella Boiro son: leite e derivados lácteos, produtos de hixiene, limpeza e material escolar. Aínda que tamén se poden aportar outros como alimentos non perecedoiros, produtos de primeira necesidade, xoguetes… Todas as doazóns serán benvidas.

-Dende as contas en redes sociais da ABE, iranse publicando regularmente aqueles establecementos participantes no programa animando a toda a veciñanza a colaborar por unha boa causa.

-Unha vez pasado o prazo de execución da campaña, pasarase a recoller os produtos e material promocional, e realizaranse os sorteos pertinentes.

No acto de presentación da campaña celebrado esta mañá na ABE participaron Raúl Treus, concelleiro de servizos sociais Concello de Boiro, Juán José Bermudez, párroco de Boiro e representante de Cáritas Boiro, Julio García, presidente de Cruz Vermella Boiro, Rebeca Ozores, xerente da Clínica Dental Rebeca Ozores, e Daniel García, presidente da ABE.

Outros artigos

Domingo de Ramos, inestabilidade meteorolóxica nas Rías Baixas

As Rías Baixas continuarán baixo a influencia dunha atmosfera inestable o domingo de Pascua, 20 de abril. O ceo permanecerá parcialmente nubrado, con episodios de chuvia intermitente ao longo da xornada. As horas centrais do día presentarán unha menor probabilidade de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...