Miguel Ángel Martínez Coello recupera nun libro a memoria da Bela Otero

04 Novembro 2024

Pontevedra acolleu no serán deste 4 de novembro a presentación do libro A Bela Otero de Miguel Ángel Martínez Coello. A obra é froito do intenso traballo de investigación realizado polo autor sobre a vida desta artista que naceu en Valga no ano 1868.

Con motivo desta conferencia, o centro da Universidade Nacional a Distancia en Pontevedra acolle a exposición na que se amosan postais, imaxes e documentos sobre a vida de Carolina Otero, máis coñecida como a Bela Otero.

Na cita participou o autor acompañado do secretario xeral da Lingua, Valentín García, quen puxo en valor a figura desta galega que “acabou converténdose nunha icona da Belle Époque e que foi coñecida en toda Europa”. O secretario xeral fixo fincapé na “importante achega que fai a publicación desta obra á literatura galega, polo valor dos documentos que recuperan a memoria dunha personaxe senlleira na historia dos nosos devanceiros e que tivo un forte impacto cultural e artístico”.

Miguel Ángel Martínez Coello, nado Ourense en 1952, é un artista que desenvolve a súa creatividade en diversos eidos como a pintura, o debuxo, a escultura ou a cerámica. Realizou exposicións en todo mundo e exerceu a docencia na Escola de Artes e Oficios de Ourense e Verín. Desde o 2007 comezou a publicar obras sobre poesía, narracións e temas etnográficos. Ademais leva publicados máis de 200 artigos documentais sobre a cultura, tradicións, xentes, balnearios e patrimonio galego.

A Bela Otero é unha recompilación de documentos, postais e imaxes que contextualizan a figura desta muller que naceu en Valga e viviu durante finais do século XIX e principios do XX na Francia da Belle Époque. Carolina Otero foi bailarina, cantante, actriz e cortesá, e acabou converténdose nunha icona a nivel internacional que xerou un gran impacto na cultura e na arte do contexto europeo da época.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.