O martes será unha xornada de transición na que iremos recuperando progresivamente a influencia anticiclónica. Con esta situación, teremos ceos nubrados con chuvascos máis probables e intensos na franxa atlántica durante a mañá. Co avance do día, as precipitacións irán perdendo frecuencia e intensidade.
As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán frouxos do sur-sueste, sendo moderados en puntos da provincia de Ourense.
O noso mar: Vento do sueste á mañá e á noite e do leste á tarde, forza 3 a 4 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 3 á noite. Marusía á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do sudoeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á tarde e 1 a 1.5 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove