Malasombra leva a función “Bernarda” á Mostra de Teatro de Porto do Son (este sábado na Casa da Cultura)

06 Novembro 2024

Esta fin de semana continúa na nosa comarca un dos grandes ciclos culturais da tempada: a primeira Mostra de Teatro de Porto do Son, organizada pola área municipal de Cultura coa colaboración da Deputación da Coruña. A seguinte cita será pois este sábado 9 de novembro, na Casa da Cultura de Porto do Son a partir das 21 horas, onde Malasombra representará a peza Bernarda, dirixida por José Prieto, producida por Xoque Carbajal e protagonizada por Luisa Merelas, Celia González e Paula Pier.

As persoas interesadas en acudir teñen as entradas á venda na oficina da Área de Cultura en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. Ás 21.00 horas pecharanse as portas do auditorio da Casa da Cultura.

Bernarda é un espectáculo baseado no texto orixinal de Jose Prieto, que tamén é director da adaptación teatral. O elenco está integrado por Celia González, Luisa Merelas e Paula Pier.

Bernarda, cualificada pola compañía como “un drama con humor para público adulto” é unha obra de 75 minutos que relata a vida das dúas fillas xemelgas dunha muller chamada Bernarda, que fica viúva o mesmo día en que morre o ditador Franco. Bernarda, ante este panorama de dupla desgraza, decreta o estado de loito.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...