Máis de 600 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa

24 Novembro 2024

Desde onte e ata as cinco desta tarde, as intervencións dos recursos de emerxencias creceron exponencialmente.

O saldo supera as 600 incidencias (668) e a caída de árbores continúa sendo a tipoloxía máis repetida das últimas horas. 

Precisamente, a caída de vexetación e mesmo de obxectos e restos de estruturas está conducionando a circulación e aumenta os riscos nas rúas. Por iso, reiteramos a necesidade de adoptar medidas de autoprotección, como retirar quitar das xanelas e balcóns calquera elemento que puida caer e comprometer a seguridade dos bens e das persoas. 

De feito, esta tarde o 112 Galicia rexistrou algunas incidencias neste sentido, como a caída de macetas sobre un vehículo na Coruña e mesmo unha árbore, ou unha xanela sobre un sinal de tráfico en Neda, ou taboleiros dunha obra en Pontevedra, ou un muro sobre unha estrada, que chegou a afectar tamén ao firme.

Por outra banda, o Aeroporto de Santiago avisou dunha incidencia nun voo Madrid-Coruña, que foi desviado a Santiago, e parecía ter dificultades na aterraxe. Sen embargo, a manobra puido realizarse sen complicacións e toda a pasaxe, 178 pasaxeiros e 7 de tripulación, atópanse ben. 

Do mesmo xeito que a caída de árbores, vexetación e mobiliario urbano está a ser unha constante, as intervencións dos equipos de emerxencias para evitar situacións de perigo tamén. Co efecto do vento, moitas partes de estruturas, tellados, etc quedan inestables e constitúen un risco potencial. Estas accións ascenderon a 175 neste período.

Igualmente, a caída de cables e postes suman 64 e producíronse 33 derrubamentos de estruturas.

Por provincias, A Coruña contabilizou 381 incidencias, Pontevedra 186, Lugo 65 e Ourense 30. Se atendemos aos concellos que máis intervencións rexistraron foron, na Coruña, A Coruña 69, Carballo 30, Santiago 26, A Laracha 19, Arteixo 15, Noia 10; en Pontevedra, Vigo 53, Vilagarcía de Arousa 22, A Estrada 13; en Lugo, Quiroga 11, Lugo 8, Foz 3; e, en Ourense, Ourense 4, San Cibrao das Viñas 3, Pereiro de Aguiar 3.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...