Máis de 130 nenos e nenas xa están inscritas no IV Nada e Corre do Concello de Muros

12 Novembro 2024


A alcaldesa de Muros, María Lago; o concelleiro de Deportes, Damián Torea, e Kiko Lestón Lago, da área municipal de Deportes, presentaron na mañá deste 12 de novembro os detalles da cuarta edición do evento deportivo Nada e Corre. “Será unha mañá de lecer, deporte e hábitos de vida saudábeis para os máis novos e as súas familias”, indicou a alcaldesa, María Lago.

A proba será este sábado, 16 de novembro, a partir das 10.00 horas

A inscrición remata este martes ás 23:59 horas en liña a través da web da Federación Galega de Tríatlon no apartado de competicións.

“Xa hai máis participación confirmada que o ano pasado, con equipos de Santiago, Vedra, Outes ou Noia, polo que desde o Concello de Muros estamos encantados de colaborar”, explicaba Damián Torea, concelleiro de Deportes de Muros.

O Concello asume o custe da licenza dun día dos nenos e nenas non federados.

A proba consistirá en nadar e correr, e a clasificación será baseada na suma dos tempos de ambas disciplinas. Categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

Organizado pola Federación Galega de Tríatlon e o Concello de Muros, coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte; Protección Civil de Muros; GES Muros; Policía Local e Garda Civil de Muros; persoal de Deportes (técnicos, persoal da piscina…), Serres Runners, e os clubes deportivos de Muros, que aportan voluntarios para que o desenvolvemento da proba sexa mellor.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...