Este luns festividade de San Carlos, traerá consigo ceos nubrados e chuvascos que comezarán a rexistrarse polo sur extendéndose ao longo da xornada a todo o territorio, agás no norte, onde as precipitacións serán menos probables.
En canto ás temperaturas, as mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas descenderán. O vento soprar á xornada de forma frouxa do sur-sueste, pero irá aumentando de intensidade a medida que avancen as horas, alcanzando unha moderada no transcurso da tarde.
O noso mar: Vento do sueste á mañá, do sueste á tarde e do sur á noite, forza 2 a 3 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste á mañá e sudoeste á tarde e á noite, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove