Incendio nunha vivenda na avenida do Malecón, en Ribeira

14 Novembro 2024

Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira e de Boiro participaron esta madrugada, arredor das 3:40 horas, nun incendio que afectou a un cuarto piso na avenida do Malecón, no concello de Ribeira.

Os bombeiros provinciais conseguiron entrar á vivenda pola entrada principal despois de refrixerar a zona desde o exterior, xa que nun primeiro momento non fora posible acceder polo calor e os aveños (enseres) do domicilio. Unha vez no interior logran controlar as lapas e colocar o ventilador para facer unha extinción por presión positiva e, así, gañar visibilidade.

Xa apagadas as chamas, realizouse a correspondente comprobación de que a situación quedara completamente controlada en todo o edificio.

Completaron o operativo a Policía Nacional de Ribeira e o 061.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.