“Expectación na ría de Muros-Noia ante a posible reapertura da mina de Touro-O Pino” – Antón Luaces

25 Novembro 2024

Non é produto dun mal soño, senón  a realidade dun teimudo empeño que unha empresa mineira quere, si ou si, levar a cabo malia coñecer sobradamente a forte oposición xerada en toda Galicia a un proxecto mineiro que, agora mesmo, ten en contra a milleiros de cidadáns dunha comunidade autónoma que non se deixa enganar polos cantos de sereas que nacen nas entidades bancarias grazas a uns instrumentos deseñados para engaiolar aos que ata vai ben pouco tempo crían nos paxariños preñados.

O proxecto Cobre San Rafael, que así se denomina ese mal soño ou teimudo empeño, máis que proxecto é, xa, unha iniciativa que percura a reapertura da citada mina de Touro. É un paso que tenta ser decisivo polo que a Consellería de Economía e Industria somete a información pública ese proxecto que, de se converter en realidade, afectará aos concellos de Touro, O Pino, Arzúa e Vila de Cruces ao priorizar a recirculación e reciclaxe das augas evitando o consumo externo deste recurso e a súa saída ao exterior (afirma a Sociedade Cobra San Rafael, promotora deste -polo de agora- só proxecto) ao tempo que á pesca e o marisqueo na ría de Arousa.

Como cada quen quece o seu corpo como pode, a compañía incide ao longo dos últimos anos na realización de intervencións de carácter técnico e social, co obxectivo de o converter nunha “iniciativa tractora da reindustrialización verde -cor moi manida polos esnaquizadores da verdadeira Galicia  verde- de Galicia e nun referente en minería sostible a nivel europeo” que sexa quen de incidir na realización de intervencións de tipo “técnico e social” ao longo, afirma, dos últimos anos.

Cantan as excelencias do carácter “altamente tecnolóxico” do proxecto deseñado en base á “excelencia e ás melloras técnicas dispoñibles”, da alta capacidade técnica e de compromiso coa sostibilidade que, desde 1990 ata hoxe, “mantén activa a mina de Touro-O Pino na concesión para a produción de áridos”. 

Son 30 os días hábiles outorgados pola Xunta para a presentación de alegacións (contados desde o día seguinte á publicación no DOG)  en relación ao acordo sobre o proxecto industrial estratéxico (PIE) enmarcado nos municipios anteriormente citados e que incide negativamente no sector marítimo-pesqueiro da ría de Arousa onde a negativa ao devandito proxecto é practicamente absoluta.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.