En Ribeira “Everyday is a training day” de integrados conclue cun acto centrado na actividade física adaptada

16 Novembro 2024

O acto de peche contou coa presenza de múltiples profesionais do sector, así como da concelleira de Educación, Formación e Diversidade de Ribeira, Cruz Rivadulla.

O primeiro proxecto europeo promovido pola asociación Integrados de Amicos celebrou a mañá deste sábado, 16 de novembro, o seu acto de clausura no Auditorio de Ribeira. Everyday is a training day é unha iniciativa centrada no deseño e fomento de actividade física adaptada e inclusiva, polo que a xornada xirou en torno a relatorios e obradoiros conducidos por profesionais do sector.
A xornada foi todo un éxito, cun gran número de participantes e asistentes que se achegaron a Ribeira a coñecer o traballo realizado ao abeiro desta iniciativa coordinada pola asociación Integrados, do grupo Amicos, coa colaboración de Scout Society e Krik, e financiado pola Unión Europea no marco do programa Erasmus+. A iniciativa xurdiu co obxectivo de achegar e promover hábitos de vida saudable inclusivos e accesibles entre a poboación, tanto dirixidas a persoas con algún tipo de discapacidade como sen.
Así, o acto de clausura comezou cunha demostración de kempo, trala que Adriana Miguéns e Alfonso Pérez, amic@s activistas e membros de Integrados, foron os encargados de dar a benvida aos asistentes e conducir o acto.
Con respecto ao proxecto, o director xeral de Amicos, Xoán España, sinalou que “esta iniciativa reforza a nosa aposta pola innovación social, polo traballo constante por romper as barreiras para conseguir que todos e todas poidamos desenvolvernos en aqueles ámbitos que nos interesan e que desfrutamos, con independencia das nosas circunstancias. O ocio é vital para desenvolvernos como persoas, e é necesario visibilizar a importancia de contar con deporte e unhas instalacións adaptadas e inclusivas como un paso máis para acadar unha cidadanía compartida e en igualdade de condicións”.
Tras un breve resumo das conclusións acadadas polo equipo do proxecto e as distintas accións deseñadas e promovidas ao seu abeiro, realizouse unha rolda de intervencións de profesionais do sector. A primeira foi a concedida por Xabier Vidal, educador social e técnico de Tuxeleires
Club Rugbi Inclusivo, que estivo acompañado por Ángel Bueno, un dos xogadores do equipo. A continuación foi a quenda de Carmen Touza, xerente e fundadora de ENKI, que explicou como dende a fundación traballan para demostrar que o deporte e o ocio son vehículos de inclusión e felicidade. Tamén interviron Vanesa e Brais da Fundación Igual Arte, que explicaron como funciona este espazo destinado a facilitar a expresión das persoas con discapacidade intelectual a través da arte.
Os e as asistentes tamén puideron desfrutar de distintos obradoiros, como o impartido por Tania Romeu, fundadora de INGENIA Neurología, sobre o sistema nervioso periférico. O acto tamén contou coa actuación dos acróbatas de Vuelta y Media.

O primeiro proxecto europeo de Integrados ‘Everyday is a training day’ é un proxecto de quince meses de duración, dividido en dúas etapas. Unha primeira parte centrada na investigación de boas prácticas no ámbito do deporte e o ocio, e a recollida das mesmas nunha guía de recursos que será difundida a través das redes sociais e entre a cidadanía local.
A segunda parte apoiouse nunha serie de obradoiros multiplicadores dirixidos a organizacións, persoal que traballa cun público xuvenil e con persoas con necesidades especiais. A través destes talleres capacitouse a estes profesionais en tácticas inclusivas, xestión de proxectos, promoción e avaliación en materias como actividade física ao aire libre e alimentación saudable. Tamén se ofreceron distintos recursos para levar a cabo a súa labor de forma accesible e inclusiva.
O proxecto naceu ao abeiro do programa Erasmus+, e foi froito da cooperación internacional entre entidades de España, Romanía e Macedonia do Norte. Así, o consorcio está formado pola Asociación Integrados, pertencente á entidade española Amicos, en colaboración con Scout Society de Romanía, centrada no fomento do voluntariado e o desenvolvemento da comunidade local entre a xuventude, e o centro xuvenil Krik con sede en Macedonia do Norte, especializado na realización de formación, reunións e obradoiros. O proxecto conta coa financiación da Unión Europea.
Asociación Integrados
Amicos conta coa Asociación Integrados, que traballa para promover o ocio e a vida autónoma da xuventude con discapacidade. Para isto, o seu equipo organiza actividades encamiñadas ó desenrolo da cultura, medioambiente, lecer e deporte para nenos, mozos e adultos, autoxestionadas e deseñadas pola poboación máis nova.
Entre as múltiples actividades que organiza Integrados destacan hidroterapia, taekwondo e kempo, excursións e saídas culturais e campamentos de verán. Todas elas co obxectivo de que os beneficiarios adopten un papel activo nas decisións que teñen que ver co seu tempo libre e se sintan actores autónomos na sociedade da que forman parte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.