En Ribeira o desaloxo do edificio “okupa” da Rúa X.R. Barreiro obriga a cortalo tráfico dende as 9 da mañá do martes

11 Novembro 2024

Este martes, 12 de novembro, terá lugar o desaloxo xudicial do inmoble número 3 da Rúa Xosé Ramón Fernández Barreiro.

Para garantir a seguridade, a Policía Local de Ribeira procederá ao corte da vía dende as 09:00 horas e durante o tempo necesario, ata a finalización das actuacións.

Durante o desaloxo, tamén estará prohibido o estacionamento diante do edificio e o tránsito peonil quedará acotado e canalizado mediante o oportuno balizamento, tanto na fachada principal, na propia Rúa Xosé Ramón Fernández Barreiro, como na parte posterior do inmoble, na DP-7305 (Costa da Mámoa), debendo os peóns transitar polas restantes beirarrúas.

Desde o concello solicitan á veciñanza, que na medida do posible fagan uso das vías alternativas, para evitar retencións de tráfico e aos propietarios dos vehículos estacionados na rúa, que os retiren antes da hora indicada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.