O Concello de Rianxo anunciou que realizará nas vindeiras semanas diversas actuacións de mantemento nos parques infantís. Os traballos concentraranse no parque situado no Campo de Arriba e na zona de ocio infantil do Parque de Galicia, e consistirán fundamentalmente en reparacións nos peches perimetrais e no selado das roturas rexistradas no pavimento de caucho. O pleno da Corporación aprobou, cos votos a favor do Goberno e do Partido Popular, unha modificacións orzamentaria que permitirá destinar 35.000€ a acometer estas reparacións necesarias.




