Desaloxado sen incidentes o número 3 da rúa Xosé Ramón Barreiro Fernández, en Ribeira

12 Novembro 2024

Finalmente a Policía Nacional procedeu este martes, 12 de novembro, ao desaloxo xudicial do inmóbel número 3 da rúa Xosé Ramón Barreiro Fernández, ocupado por drogodependentes e fonte de múltiples problemas de convivencia dende a chegada paulatina dos residentes agora desaloxados aos pisos sen rematar do edificio propiedade da Sareb (un proceso, o da ocupación do inmóbel, que se estendeu ao longo de cinco anos).

Imaxe dos informativos da TVG (g24.gal)

Para garantir a seguridade, a Policía Local de Ribeira procedeu ao corte da vía dende as 08:30 horas. Os traballos leváronse a cabo de xeito pacífico, e de feito cando chegaron os axentes os pisos xa están na súa maior parte baleiros (só había tres residentes que despexar). Á contorna do inmóbel acudiron múltiples veciños, que asistiron con curiosidade aos traballos de despexe, e mesmo con mostras de alegría (os problemas de convivencia foron múltiples e variados, e mesmo obrigaron a máis dun veciño a ter que cambiar de residencia).

O operativo foi levado a cabo por unha trintena de axentes da Policía Nacional. Na contorna do edificio tamén fixeron acto de presenza o tenente de alcalde de Ribeira e concelleiro do ámbito social, Vicente Mario, e máis o alcalde Luís Pérez Barral, quen valoraron “a tranquilidade que recupera o barrio grazas ao desaloxo” e lembraron que dende a Policía Local estarán vixiantes para facer máis intensivo o control sobre os inmóbeis baleiros e evitar que se dea outra situación coma esta en outros barrios da cidade. Vicente Mariño engadiu que dende a súa área iniciouse unha liña de traballo para dar resposta ás necesidades dos drogodependentes que quedan na rúa. Recoñeceu que de todas as persoas implicadas, só unha requiriu auxilio do Concello e está residindo nun hostal. O operativo rematou co tapiado das xanelas e portas do edificio.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.