“Crueldade” – Xulio Xiz

26 Novembro 2024

A vilalbesa Cristina Castaño, manifestamente pelrubeira (seica así se chama en galego ás “pelirrojas”), ten confesado o mal que o pasou de pequena na miña vila precisamente pola cor do seu pelo, vivindo acoso pola súa diferencia dos demais.

Como isto tivo que ser mediados os anos oitenta, que foi cando coñecín en Vilalba aos seus pais, vin que pouco se adiantara en canto ás diferencias nos trinta e un anos que lle levo, porque na miña nenez os diferentes eramos carne de canón.

Ao ser o que subscribe coma o Pedro Chosco da canción – cun ollo pechado e o outro na lúa – o de que “miraba contra o goberno” só mo dicían os máis amigos, e o sobrenome de “birollo” acompañoume coma un pecado orixinal irredimible.

Que non quero dicir que eu fora alleo a similares acosos porque non me recataba de chamarlle “patatrenca y jorobado” a outro compañeiro discapacitado ata que miña nai me recordou que se non me gustaban os alcumes tampouco o rapaz me merecía ese trato.

Posiblemente hoxe as barbaridades sexan diferentes, e os nenos aprenden cos exemplos dos maiores xa que tampouco este mundo que estamos construíndo potencia as sensibilidades. Fan falla moitas campañas, moita mentalización, moitas denuncias para lograr que desapareza a lacra do acoso, que moitas veces é o abuso dun acomplexado para marcar a outros e sentirse superior.

Todo se pode abordar con humor e intelixencia cando un vai medrando, e quero lembrar aquí ao benquerido Arcadio Silvosa, que co cariño que nos unía, de cando en vez me chamaba “Polifemo”, lembrando ao xigante dun só ollo, fillo de Poseidón, ao que Ulises derrotou.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...