“Cregos” – Xulio Xiz

21 Novembro 2024

As aldeas baleiras polas que hoxe laiamos comezaron a decaer cando deixaron de ter médicos (que os houbo, aínda que hoxe pareza imposible), mestres e cregos. Esa infraestrutura intelectual e de servizos foi esvaéndose lentamente ata practicamente desaparecer, antecedente ou consecuencia da emigración na percura de mellores aires.

Xantei ao lado de dous cregos amigos na homenaxe ao titular do Santuario dos Milagros. Un deles rexe oito parroquias, outro cinco ademais doutros cometidos, e o mesmo de Saavedra tiña un total de oito, pero algún coñecín con trinta e tantas parroquias ao seu cargo, o que debera levar incorporado o título de Super Heroe.

Dende agora, dous cregos mozos encargaranse dun conxunto de parroquias de Begonte e de Guitiriz, Saavedra incluída, porque as contas non dan e nin multiplicándoos por seis ou por oito habería un cura por parroquia.

Díxose de Ángel Vigo que atendera nas súas oito parroquias no divino e no humano, e o bispo Cadiñanos subliñou que ese era o papel dos cregos nas parroquias. E como eu fun monaguillo de crego da aldea hai xa sesenta anos coñezo ese mundo que vai desaparecendo, onde disfrutei da amizade, a compañía e o exemplo de xigantes chamados Carballo, Torrado, Eliseo ou Domínguez, que axudaron a facerme como son.

De Ángel, os seus fregueses destacan a disposición permanente, a súa acollida, o sorriso, o diálogo… e os que o coñeceron de nenos falan do seu madridismo, de que xogaba ao fútbol cos nenos, de que se podía contar con el para todo…

A parroquia é a unidade natural da poboación galega. Vai ser difícil entendela sen un crego. Pero tamén nisto hai que compartir.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...