Comezan os traballos da 2ª e a 3ª fase da mellora do saneamento no Cruceiro de Roo

20 Novembro 2024

O Concello de Outes informou do inicio dos traballos relativos á segunda e á terceira fase de mellora da rede de saneamento e das beirarrúas no Cruceiro de Roo. Estas obras executadas polo Concello de Outes están financiadas polo Plan de Obras e Servizos (POS+2022 e 2023) da Deputación da Coruña e contan un orzamento total de 129.280 €. Dende o Consistorio advirten que “durante a execución das obras poden producirse cortes de tráfico e na rede de abastecemento” e pide desculpas á veciñanza polas molestias causadas polos traballos desenvolvidos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.