Cayetano Lledó inaugura este domingo a 9ª edición do Festimaxia Lousame

14 Novembro 2024
O Mago Teto

Os magos Cayetano Lledó e Mago Teto, cos seus espectáculos Show Máxico e Rock ‘n’ magic, respectivamente, conforman a novena edición do Festimaxia Lousame, organizado polo Concello de Lousame. Dúas actuacións dirixidas a un público familiar e que serán de acceso gratuíto, previa inscrición en bandoticket.com. A novidade deste ano é que a asistencia estará restrinxida unicamente a persoas empadroadas en Lousame, lembrou o Concello.

A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, explica que “o auditorio da Casa da Cultura leva enchéndose os últimos anos con cada actuación do Festimaxia e queda moita xente fóra, incluso nalgunha ocasión temos duplicado actuación pola gran cantidade de persoas que quedaran en lista de agarda polo que decidimos reservar as entradas unicamente para persoas empadroadas en Lousame”.

Así mesmo, a concelleira fai tamén un chamamento aos veciños e veciñas que se anoten en Bandoticket para que “se por calquera cousa ao final non poden vir, que chamen á Casa da Cultura para borrarse e así poder deixar o seu sitio a outras persoas. Non pode ser que queden persoas sen desfrutar destes espectáculos porque haxa xente que non avisa”.

Actuacións

O Festimaxia Lousame 2024 arrincará este domingo 17 de novembro, ás 19:00 horas, co espectáculo Show máxico, unha actuación dirixida a un público familiar no que o mago recolle unha escolma de técnicas innovadoras mesturadas cos xogos de sempre e en clave de comedia. Unha actuación organizada polo Concello de Lousame en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

E o sábado 23 de novembro, ás 18:00 horas, será a quenda do Mago Teto e o seu espectáculo Rock ‘n’ magic, unha actuación “con moito humor e música rock do padriño do Festimaxia Lousame, que leva actuando todos estes anos e ao que lle temos un gran cariño porque é marabilloso como persoa e como mago”, apunta Silvia Agrafojo. Este espectáculo estará financiado unicamente polo Concello de Lousame.

Dirixido por Fran Rei, a actuación do Mago Teto é máis ca un espectáculo de maxia, é un concerto de rock and roll no que estará acompañado por Fer Risco, na batería, e Mon Orencio, na guitarra. Deste xeito, os veciños e veciñas de Lousame poderán desfrutar dunha actuación onde a maxia convive con algúns dos clásicos do rock como Led Zeppelin, Bob Dylan ou Los Suaves.

Cayetano Lledó

Outros artigos

Xoves 1, xornada de tempo inestable

As Rías Baixas agardan unha xornada de tempo inestable con risco de treboadas no interior A comarca e as rías baixa veranse afectadas pola presenza dun embolsamento de aire frío en altura situado ó oeste de Portugal, que provocará unha certa inestabilidade atmosférica...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“No empiecen a leer si creen que estas líneas son las del comienzo de una historia. Este no es el comienzo de tal cosa. Tampoco lo es de unas memorias. Ni siquiera es una evocación. Estas líneas tratan tan solo de una brisa que pasa. Las brisas pasan. Se suceden unas...