“Cavilando” – Xulio Xiz

14 Novembro 2024

Non deixo de cavilar en Valencia, e sinto a necesidade de contalo. Nos medios audiovisuais é o lóxico centro de atención, pero no canto de ampliar o tempo informativo, queda como único tema, se exceptuamos as eleccións a presidente de medio mundo. Con ser obrigada e urxente a atención aos que sufriron a catástrofe, dá a sensación de que sempre se conta o mesmo, mesmos os lugares, mesmas as persoas, unha e outra vez, como se o demais non existise; como un bucle, historia interminable.

Nas cavilacións gardo amplo espazo para admirar e recoñecer ás persoas e institucións que colaboran, traballan, recaudan, apoian aos damnificados, pero non podo deixar de pensar que, se somos un dos países da Europa de primeira, ¿como é posible que faga falla caridade, axuda, prestación popular, diñeiro, medios, cando temos concellos, deputacións, gobernos autonómicos e goberno central, con orzamentos mil millonarios procedentes dos nosos impostos, e unha organización que comprende milleiros de especialistas nas máis varias disciplinas, e entre eles os que teñen que capitanear catástrofes.

Está moi ben axudar; beneficia ao que recibe e ao que da; é un magnífico mecanismo de cohesión, de asentamento social, de engrandecemento humano, de humanidade… pero evidencia que algo falla estrepitosamente, sexan as previsións, decisións, coordinación, os medios ou o sursum corda.

Por se alguén non se decatou, isto é unha guerra para a que un país civilizado ten que estar preparado. Se fosemos atacados por outra potencia, teríamos que acudir armados con paus á primeira liña de combate? Desde o Lugo colaborador e entregado, sigo cavilando, e non lle vexo xeito.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.