CAPRIF-CC convoca unha xornada de traballo en Rianxo, este xoves, para avanzar na xestión do monte

27 Novembro 2024


O Auditorio Municipal de Rianxo acolle este xoves 28 de novembro, a partir das 18.00 horas, a terceira sesión de traballo do proxecto
Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático (CAPRIF-CC) no Living Lab Barbanza-Ulla-Sar
, que comprende os municipios coruñeses de Rianxo, Ribeira, Porto do Son, Dodro, Padrón, Rois e Lousame. Nesta terceira xornada avaliarase a viabilidade do medio cento de propostas formuladas para avanzar cara a unha xestión multifuncional do monte e elixiranse e priorizaranse as máis acaídas para a súa implementación nos montes da contorna.

Todas estas iniciativas para incorporar novos usos e aproveitamentos do monte foron identificadas polos asistentes ás dúas sesións de traballo anteriores, celebradas nos meses de xuño e setembro, e, segundo informan dende CAPRIF-CC, están especificamente pensadas para diferentes áreas do territorio pertencente a 13 comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) involucradas neste Living Lab: Balouta e Fontecova, Cruz de Avelán, Froxán, Lapido, Extramundi, Baroña, Asados, Araño, Ferreira e Campelo, Leiro, Fieitoso de Taragoña, Carreira e San Miguel da Costa.

Entre as propostas presentadas figuran algunhas que pretenden resolver problemas comúns de diferentes comunidades, como poden ser a contención do eucalipto e a eliminación de especies invasoras coma a acacia, a elaboración dun Plan de Ordenación do Monte, a xeración de paisaxes de mosaico -é dicir, eliminando a continuidade de masas forestais dunha mesma especie, especialmente as pirófilas-, a creación de cortalumes
verdes, a mellora da calidade dos solos, a prevención de plagas e enfermidades, e a creación de cintos de protección das aldeas fronte aos incendios forestais.

Outras das propostas buscan mellorar a rendibilidade do monte coa incorporación de novas actividades económicas, como a incorporación de gandaría en extensivo (vacas, cabalos, cabras…), a explotación da riqueza micolóxica, proxectos de captación de carbono, o aproveitamento da cortiza ou a realización de plantacións de proba de novas especies madeirábeis para substituír ao pino radiata, afectado pola banda marrón.

Outra área de actuación que concentrou boa parte das iniciativas foi o aproveitamento turístico do monte a través da recuperación do patrimonio arqueolóxico, a preparación de rutas de sendeirismo, a creación de miradoiros, creación de estacionamentos para coches e autocaravanas, e mellora da sinalización dos recursos.

O proxecto CAPRIF-CC está impulsado pola Fundación Juana de Vega, a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER), a Fundación Centro Tecnolóxico e Forestal da Madeira (CETEMAS), a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) e a Fundación Montescola, e conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea cos fondos NextGenerationEu.

CAPRIF-CC está financiado pola Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...