
O Foro Galicia e Valle-Inclán compartiu a súa axenda de actos públicos dos vindeiros días nas vilas valleinclanianas de Cambados e da Pobra do Caramiñal, dúas citas programadas para os próximos martes, día 19 e xoves día 21 de novembro, nos lugares e horas indicados.
Martes, 19 de novembro, ás 11:30 h. Homenaxe cívica á memoria de Josefina Blanco Tejerina e Joaquin del Valle-Blanco, muller e fillo do escritor Ramón del Valle-Inclán respectivamente. Acto organizado en colaboración con TEP e a concellaría de cultura do Concello de Cambados. Será no cemiterio de Santa Mariña de de Dozo, onde están sepultados.
Moves, 21 de novembro, ás 20:30 h. Presentación da revista Foro Galicia e Valle-Inclán, publicación de estudos sobre Ramón del Valle-Inclán, Ano I, no I, con traballos de investigación de Herminio Valdecañas, Víctor Viana e Joaquín del Valle-Inclán; edición bilingüe en galego –castelán, con Rocío Viéitez Ferro como encargada da tradución. Número patrocinado polo Concello da Pobra do Caramiñal. Será no auditorio da Biblioteca Municipal.



