BNG esixe á Xunta tomar as medidas necesarias para a recuperación dos bancos de libre marisqueo

12 Novembro 2024

A deputada do Bloque Nacionalista Galego, Rosana Pérez, preguntou na Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, polas medidas que se van a tomar dende a Consellería do Mar, para a recuperación, “antes de que sexa demasiado tarde”, dos bancos de libre marisqueo da ría de Arousa. Explicou que “logo das campañas desastrosas dos últimos anos no ano 2023 a propia Consellería tivo que decretar o seu peche apenas tres meses despois de ter comezado, e este ano, tamén apenas 10 días despois de comezar, o sector xa estaba practicamente sen expectativas e vendo, outra vez, o fracaso que se lles viña enriba”.

A deputada nacionalista criticou á Xunta por, na opinión do BNG, “eludir as súas responsabilidades e culpar, nun primeiro momento, á choiva, á temperatura da auga, á baixa salinidade, e agora mesmo trasladan a responsabilidade á Asociación Rañeiros da Ría”. Rosana  Pérez cualificou de “bastante cobarde” a actitude da consellería, pois “é a que ten as competencias exclusivas”, dixo, engadindo que o BNG leva manifestando “de forma insistente durante estes últimos cinco anos, que a Consellería tome cartas no asunto”. E engadiu que “mesmo había confrarías na propia ría que lle solicitaron tomar man deste asunto, porque se vía claramente, que a Asociación de Rañeiros non estaba funcionando”.

“Temos outro culpábel máis” apuntou a deputada, despois de ter escoitado á directora. Trátase das axudas da consellería que dende o BNG sempre se criticou por ter “unha execución nefasta e o seguimos mantendo até que se demostre o contrario e que dende a consellería cualifican de “moi complexas”, sinalou a parlamentaria da Pobra, criticando que “dende a Xunta non tomasen medidas antes para solucionar a complexidade da tramitación e recrimina que as familias que se adican ao sector tivesen que esperar nove meses para cobras este subsidio”.

O BNG instou ao Goberno do Partido Popular “a acometer as medidas necesarias para tratar de reverter a situación actual, a cal están a vivir os traballadores e traballadoras deses bancos despois de anos reclamándolle medidas de calado e, finalmente, sen que se teña posto en marcha ningunha”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...