Augas de Galicia leva a cabo traballos de conservación en 12 quilómetros de treitos fluviais de Outes

27 Novembro 2024

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, puxo en marcha este 27 de novembro actuacións de conservación e mantemento en varios tramos de cinco ríos no concello de Outes, que suman algo máis de 12 quilómetros.

As tarefas afectan a varios tramos dos ríos Entíns (4,5 km), Outes (1,1 km) e Rial (1,3 km) ao seu paso polas parroquias de San Pedro de Outes, Santo Ourente de Entíns e San Lourenzo de Matasueiro así como a dous quilómetros do río Donas en San Tirso de Cando. A maiores, tamén se actuará en 2,1 quilómetros do río Bendimón e en 1,1 quilómetros dun rego sen nome na parroquia de San Xoán de Roo.

Os traballos, que xa foron comunicados ao Concello, prolongaranse durante aproximadamente 14 semanas e inclúen tanto a roza puntual de arbustos para acceso como a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos. Realizaranse mediante a aplicación de ferramentas manuais, o uso de motoserras e rozadoiras así como coa utilización de maquinaria de apoio como un tractor e unha carretilla de carga.

Medio Ambiente explicou que “unha vez finalizadas as obras programadas por Augas de Galicia, estes tramos fluviais quedarán despexados, posibilitando así a circulación fluída das súas augas”.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías da demarcación Galicia-Costa e nas zonas de acceso e protección. Neste caso trátase ademais do mantemento de zonas catalogadas como de alto risco potencial significativo de inundación.

A finalidade última dos traballos é mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos, actuando nas áreas nas que a Xunta ten competencias, fóra das tramas urbanas fluviais de responsabilidade municipal.

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.