Arrancadeira celebra ao grande a cuarta edición do seu Magosto (este sábado 9 na Pobra)

04 Novembro 2024

A praza Alcalde Segundo Durán da Pobra do Caramiñal será un fervedoiro cultural durante todo o sábado 9 coa celebración do IV Magosto Arrancadeira coincidindo co décimo aniversario da entidade.

Esta cita chega coa colaboración da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da Deputación da Coruña e de varios establecementos.

“Estamos en época de outono e toca festexar unha das nosas tradicións: o magosto. E este chega á nosa localidade mesturado co folclore grazas ao labor dunha das nosas asociacións culturais que, ademais, está de celebración por partida dobre ao estar de décimo aniversario, outorgándolle maior transcendencia a este evento”, comentou a concelleira da Cultura, Patricia Lojo.

Esta xornada festiva comezará ás 17.00 horas cunha foliada na que participarán distintos grupos tradicionais: A. C. Pedra da Aroña, AMBT Vai de Roda, Arrancadeira, As Caramiñas, As Garridiñas, As Sivalveiras, Bailadela A. C., GBMT Tahúme, Nunca É Tarde, Os Pequenos do Barbansa, Pandereteiras de A. C. Chorimas, Pandereteiras da A. C. Jaitas Blue, Rianxeiras da Covecha e Tres Pés Pa’Un Banco.

Despois, ás 18.30 horas, Alejandro Martínez impartirá o obradoiro de baile O baile en roda na Serra do Suído.

E, pola noite, tocará desfrutar dos concertos de Os Enxebres de San Lázaro e 7 ferrados, a partir das 21.30 horas.

Tamén se bota a andar a primeira edición do concurso gastronómico Toma Castaña. Consistirá en elaborar pratos que leven a castaña entre os seus ingredientes. Presentarase no propia praza Alcalde Segundo Durán, no sábado 9, en horario de 16.00 a 17.00 horas. As persoas participantes deberanse inscribir previamente no enderezo electrónico arrancadeirapobra@hotmail.com con prazo límite ás 12.00 horas do 9 de novembro. Indicarase nome e apelidos, teléfono de contacto e nome e descrición da receita. O xurado determinará a elaboración gañadora e o premio será unha cea nun establecemento hostaleiro do municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

Nos últimos tempos, a dereita política española está a preocuparse máis en lanzar trolas e mentiras para tratar de despistar sobre os múltiples casos de corrupción que tiveron, con sentenza firme, e que aínda ten xudicializados. Desde que o sr. Feijóo chegou á capital...

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...