Aprobadas no pleno de Boiro medidas importantes contra os lumes forestais e a violencia de xénero

22 Novembro 2024

O Concello de Boiro celebrou este xoves día 21 o pleno ordinario correspondente ao mes de novembro. A sesión contou coa totalidade de membros da Corporación (17) ao tomar posesión a concelleira do Partido Popular, Vanesa Somoza, e o concelleiro de Boiro Novo, Xurxo Triñanes. A sesión pode verse íntegra na canle de YouTube do Concello de Boiro.

A sesión saldouse con acordos moi relevantes, como a aprobación do plan municipal de prevención e defensa contra os lumes forestais, a aprobación do expediente de contratación do SAF do Concello ou a aprobación dunha proposta do BNG relativa ao 25N e á necesidade de impulsar compromisos económicos e orzamentarios para garantir a atención ás vítimas da violencia. Tamén saíu adiante unha moción do BNG a prol da protección do galego.

Votacións da sesión plenaria:

Aprobación da acta da sesión anterior – aprobación por unanimidade (15 votos a favor).

Toma de posesión como concelleira da Corporación Municipal de Dona Vanessa Somoza Santamaría.

Toma de posesión como concelleiro da Corporación Municipal de Don Xurxo Triñanes Hermo.

Aprobación inicial do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Boiro – aprobación con 14 votos a favor (PSOE e PP) e 3 abstencións (BNG e Boiro Novo)

Aprobación do expediente de contratación do servizo denominado “Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello de Boiro” – aprobación con 9 votos a favor (PSOE), 3 votos en contra (BNG e Boiro Novo) e 5 abstencións (PP).

Modificación ordenanza fiscal nº6. Taxa de licencias urbanísticas – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 8 votos en contra (PP, BNG e Boiro Novo).

Moción do BNG relativa á reivindicación do día 25 e novembro e á necesidade de impulsar compromisos económicos e orzamentarios para garantir a atención á violencia machista – aprobación con 12 votos a favor (PSOE, BNG e Boiro Novo) e 5 votos en contra (PP).

Moción do BNG relativa á situación do idioma propio da Galiza e á adopción de medidas para a súa normalización – aprobación con 12 votos a favor (PSOE, BNG e Boiro Novo) e 5 abstencións (PP).

Moción que presenta a Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras ao Pleno da Corporación do Concello de Boiro – aprobación por unanimidade (17 votos a favor).

    Outros artigos

    Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

    A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

    +

    Publicidade

    Revista en papel

    Opinión

    “El verdadero líder”. Alberto Barciela

    “El verdadero líder”. Alberto Barciela

    ​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...