Amicos, FUNDAMAR e a FNCP presentan en Vigo os obxectivos do proxecto Lab-Mar de prevención de lixos mariños

13 Novembro 2024

O proxecto Lab-Mar: Laboratorio participativo para a prevención e valorización de lixos mariños entrou este mércores, 13 de novembro, nunha nova
etapa coa celebración do seu acto de presentación oficial. O evento, celebrado no Auditorio da sede do Parque Nacional Marítimo – Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia en Vigo, contou coa asistencia da delegada da Xunta de Galicia na cidade, Ana Ortiz. A activista e axente medioambiental da asociación barbanzá Amicos, Adriana Miguéns, foi a encargada de presentar o proxecto, así como os obxectivos e primeiros pasos que se están a realizar ao abeiro do programa. A través da súa experiencia, trasladaron aos asistentes un breve resumo do que se espera conseguir no marco da iniciativa.

A continuación, o presidente de FUNDAMAR, Javier Touza, foi o encargado de abrir as intervencións dos socios do proxecto. En apenas cinco minutos, Touza falou da importancia da concienciación e a transformación como piares clave para o desenvolvemento socioeconómico da pesca e o marisqueo.

Pola súa banda, o director de Proxectos e Innovación da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores, Fabián Ben, e a técnica Elsa Picón destacaron o papel das confrarías no proxecto; aos que seguiu o responsábel de Alianzas con Persoas e Empresas de Amicos, Miguel Beiro, que se referiu á inclusión como eixe transversal de Lab-Mar. Un traballo conxunto para protexer e conservar os ecosistemas mariños de Galicia e Andalucía, co obxectivo de asegurar a provisión dos servizos ecosistémicos, impulsar a economía azul e reducir a contaminación mariña.

A delegada do goberno autonómico en Vigo, Ana Ortiz, quixo “agradecer a Amicos, á Federación Nacional de Cofradías e a Fundamar por un proxecto que traballa por algo tan importante como a rexeneración do medio ambiente apostando pola sostibilidade, para protexer o noso patrimonio natural e zonas tan importantes como o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Dende a Xunta de Galicia estamos con estas tódalas organizacións que se involucraron neste proxecto, que é tan importante, como non podería ser de outra maneira”.

Miguel Beiro destacou que “o proxecto busca coidar ao tempo que sensibilizamos, perseguindo sempre a integración, a formación e a apertura de oportunidades para as persoas con discapacidade e actuando de nexo coa poboación que vive tanto arredor como do mar de forma inclusiva e integradora”.

Pola súa banda, María Caldeiro, xerente de FUNDAMAR, destacou que “a nosa fundación centrarase na detección de posibilidades para darlle unha segunda vida a todo o que ten que ver cos residuos”. Fabián Ben de FNCP, en cambio, destacou que “este tipo de proxectos permítennos sumar esforzos para o coidado do noso medio, desenvolver iniciativas que teñen transcendencia e construír esa economía social e do mar, algo que para nós é un autentico luxo e permítenos desenvolver as novas necesidades do sector pesqueiro”.

Un proxecto multidisciplinar

A través desta iniciativa organizaranse accións dirixidas a reducir os residuos mariños, fomentar a colaboración entre os sectores pesqueiro e marisqueiro con outros sectores empresariais e sociais, impulsar a innovación e a creación de emprego inclusivo e contribuír ao desenvolvemento
dunha economía circular e azul. Asemade, o proxecto ten un forte compromiso de integración social, posto que as persoas con discapacidade intelectual serán os condutores de moitas das accións postas en marcha.

Ditas actividades realizaranse en zonas de medio mariño correspondentes ao PNMT de las Illas Atlánticas de Galicia, ao PN de Corrubedo, ao Complexo Intermareal de O Grove, o Parque Natural e o Parque Nacional de Doñana, as Marismas de Odiel, as Lagunas de Palos e as Madres,
as Marismas do Río Piedras e o Rompido, os Enebrales de Punta Umbría e as Marismas de Isla Cristina.

O proxecto LAB-MAR conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do programa Pleamar, cofinanciado polo FEMPA

Outros artigos

Lecer na Ribeira presenta as propostas culturais para o verán

Este luns 23 de xuño presentouse en Santa Uxía a programación cultural do verán, baixo a denominación Lecer na Ribeira, que engloba todas as accións da época estival, dende esta derradeira fin de semana do mes de xuño ata a primeira quincena setembro. Na presentación...

+

Martes 24, xornada de inestabilidade atmosférica e baixa térmica

Este martes agárdase a formación de nubes de evolución que darán lugar a chuvascos localmente treboentos, especialmente nas zonas do interior da Comunidade podendo proucirse chuvascos na comarca o mediodía. Nalgúns puntos, estes episodios de treboada poderían vir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.