Alerta laranxa por temporal costeiro este sábado

22 Novembro 2024

A Xunta de Galicia informa de que un fenómeno meteorolóxico adverso estará activo este sábado no noroeste e oeste do litoral coruñés. A información, facilitada pola Axencia Estatal de Meteoroloxía, achega a presenza dun vento do sur e suroeste de forza 8 e con onda de ata seis metros mar dentro. 

O Goberno galego lembra a importancia de manterse afastado da liña costeira e que se extremen as medidas de seguridade para realizar calquera actividade no mar. A través do 112, o Goberno xa deu aviso laranxa a concellos, servizos provinciais, Deputación, agrupacións de voluntarios de Protección Civil e clubs náuticos.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.