Agarimo organiza un obradoiro solidario de Nadal a prol da Asociación galega de Fibrose Quística

15 Novembro 2024

A Escola Infantil Agarimo de Rianxo (Ludoteca Agarimo) vai organizar este mes un evento solidario a favor da Asociación Galega de Fibrose Quística (o evento-obradoiro Solidario Christmas). Será unha actividade creativa, participativa e solidaria de traballos manuais relacionado coa celebración do Nadal. As familias que queiran participar deberán formalizar unha reserva anticipada. Todo o diñeiro (10 euros de colaboración) recadado irá dar á devandita asociación. Celebrarase os días 27 e 28 de novembro (cómpre prestar atención ás datas) en horario de tarde, de 17.00 a 18.30 horas.

Outros artigos

Padrón estrea o Outono Cultural 2026

O Concello de Padrón presenta unha nova edición do Outono Cultural, que entre o 7 de novembro e o 12 de decembro ofrecerá unha ampla programación de teatro, música e humor para todos os públicos. A primeira cita terá un carácter especial, coa entrega do XXV Premio de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.